Ir ao contido

Ler facturas con IA

Facturas de provedor lidas pola IA, sen teclear

Sube o PDF ou fai unha foto. A IA saca provedor, NIF, número, datas, bases, tipos de IVE e total, e déixache a factura de compra ou o asento preparados para que só teñas que revisar.

Teclear facturas de compra é das tarefas que máis tempo comen nunha empresa e nunha asesoría, e onde máis erros se colan. Coa lectura con IA, o traballo pasa de escribir a comprobar.

PDF e fotos

Facturas electrónicas, dixitalizadas ou fotografadas co móbil.

Todos os datos

Provedor, NIF, número, datas, bases, tipos de IVE, retencións e total.

Listas para revisar

Móstrache o lido xunto á factura e non garda nada sen o teu visto e prace.

Ao asento ou á compra

En FacturaGesCONTA, como asento; en FacturaGesTOTAL, como documento de compra.

Aprende os teus provedores

Usa a conta e a forma de pagamento habituais de cada provedor.

Comprobada en probas

Nas nosas probas acerta case o 97 % dos datos; o que dubida, márcatelo.

Exemplos

Así llo pedirías

«Le estas doce facturas de outubro e prepárame os asentos.»

«Canto IVE soportado levo este trimestre con este provedor?»

«Esta factura está bornosa: que datos non puideches ler?»

Preguntas frecuentes

Que pasa se se equivoca?

Non se garda nada sen que o revises. Ves o que leu ao carón da factura e corriges o que faga falta antes de aceptalo.

Serve para facturas dixitalizadas ou en foto?

Si. Le PDF electrónicos, dixitalizados e fotos feitas co móbil, sempre que se lean con claridade.

En que programas está?

En FacturaGesCONTA, para contabilizar, e en FacturaGesTOTAL, nos documentos de compra. Neo Asesorías tamén le facturas e documentos en cada posto.

Ten custo á parte?

Depende do programa e do volume. Explicámosllo no orzamento, sen sorpresas.

Ensinámosche o programa cos teus propios casos

Unha demostración sen compromiso, coa túa forma de traballar e un orzamento feito á túa medida.