Ir ao contido

Asistente con IA para a túa web

Un asistente con IA para a túa web, co teu nome

Neo, o asistente desta web, é o exemplo: coñece todo o que vendemos, contesta a calquera hora e en varios idiomas, e fala. A túa web pode ter o seu, co teu nome, a túa voz e o que ti vendes.

A maioría das visitas vanse sen preguntar porque non atopan o que buscan. Un asistente que entende a pregunta e contesta co que ti lle ensinaches converte esas visitas en clientes, e responde tamén ás once da noite ou en domingo.

Coñece o teu negocio

Dámoslle os teus produtos, servizos, horarios e respostas habituais, e contesta con iso.

Co teu nome e a túa voz

Escolle como se chama, a súa voz de home ou de muller e as súas cores.

En 8 idiomas

Contesta no idioma de cada visitante, ideal para zonas con clientes estranxeiros.

Respostas ao momento

As preguntas máis habituais contéstanse ao instante, sen esperas.

Unha liña na túa web

Instálase pegando unha soa liña, en calquera web, sen refacela.

Gasto con tope

Fixamos un tope de uso para que nunca haxa sorpresas.

Próbao agora

Preguntalle a Neo o que che preocupa

Preguntas frecuentes

Contesta cousas que non son do meu negocio?

Céntrase no teu: os teus produtos, os teus servizos e como contactarte. Para o demais, dío con amabilidade ao visitante.

Funciona en calquera web?

Si: WordPress, tendas en liña ou webs feitas a man. Abonda con pegar unha liña que che damos.

Que pasa cos datos dos visitantes?

Antes de usalo, o visitante acepta as condicións. As conversas non se gardan cos seus datos persoais e bórranse correos, teléfonos e documentos do que se anota para mellorar.

Podo cambiar o que sabe?

Si. Cando cambien os teus produtos, prezos ou horarios, actualízase o que sabe e contesta coa información ao día desde a seguinte pregunta.

Ensinámosche o programa cos teus propios casos

Unha demostración sen compromiso, coa túa forma de traballar e un orzamento feito á túa medida.