IA para asesorías
Intelixencia artificial para a túa asesoría
Neo instálase en cada ordenador do despacho e fai a primeira parte do traballo: busca a norma, conta o prazo, prepara o escrito e ordena os papeis. O criterio segue sendo teu.
Nunha asesoría repítense cada día as mesmas tarefas: dúbidas de clientes que hai que contrastar coa lei, prazos que non se poden escapar, requirimentos que contestar e montóns de documentos que ler. Neo fai ese traballo en segundos e déixacho diante para que o revises.
Consultas co artigo diante
Laboral, fiscal, Seguridade Social e autónomos, coa norma e a fonte debaixo de cada resposta.
Convenios colectivos
Salarios, xornada, permisos e vacacións do convenio da provincia e o sector que tocan.
Prazos co calendario oficial
Días hábiles e naturais, prórrogas e períodos de pagamento, co vencemento na axenda.
Escritos para revisar
Contestacións a requirimentos, alegacións e recursos co teu membrete, listos para a túa sinatura.
Documentos e Excel
Le PDF, dixitalizados e follas de cálculo; filtra, suma e prepara informes.
Varios postos
Cada ordenador co seu Neo, con carpeta e rexistro compartidos na oficina.
Exemplos
Así llo pedirías
«Cantos días de vacacións lle corresponden a un traballador que entrou en marzo?»
«Chegoume un requirimento con dez días hábiles: cando vence?»
«Prepárame a contestación ao requirimento cos datos deste PDF.»
Preguntas frecuentes
Substitúe ao asesor?
Non. Neo busca, calcula e redacta, pero a decisión e a sinatura son sempre do profesional. É un compañeiro que adianta traballo, non quen responde ante o cliente.
Presenta modelos ou asina por min?
Non presenta modelos nin asina en nome de ninguén. Déixache o traballo preparado para que ti o revises e o presentes como sempre.
Funciona cos programas que xa usamos?
Si. Ademais de ler os teus documentos, aprende as pantallas dos teus programas de xestión e contabilidade, tamén doutros fabricantes, e pode manexalos por voz ou por texto.
Como se contrata?
Por posto, coa intelixencia artificial incluída. Preparámosche o orzamento segundo os ordenadores do despacho e podes probalo antes.